O próximo 5 de maio terá lugar a XVII volta á Ría de Betanzos

Unha carreira ao seu paso pola Porta da Vila

Mandeo Multisport e o Concello de Betanzos organizan para o próximo 5 de maio a XVII volta á Ría de Betanzos, unha carreira cun percorrido urbano e interurbano de pouco máis de vinte quilómetros. Poden participar federados ou non, ata un máximo de 600 corredores. Haberá premios de 300, 100 e 50 euros respectivamente para os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina. Existe unha proba máster e outra senior.

O custo é de entre 15 e 17 euros. A organización fixou tres puntos de avituallamiento (quilómetros 5, 11 e 15) de auga e esponxas. Haberá tamén servizo de gardarroupa. A recollida de dorsais sera o mesmo día ata as 09.00 horas.