O PP nega que o PSOE presentase unha emenda aos orzamentos para a conexión con Bellavista da N-VI

O Partido Popular de Betanzos quere desmentir que o PSOE presentase unha emenda aos Presupostos Xerais do Estado na que demandaba a dotación presupostaria para facer un estudo da variante que conecte a N-VI con Bellavista. A pesar de que o alcalde anunciou a súa presentación a bombo e prato, dicindo que considera a súa construción de vital importancia, o certo é que no Boletín Oficial das Cortes Xerais no que se incluíron todas as emendas presentadas polos diferentes grupos parlamentarios aos Presupostos Xerais do Estado non aparece nin un só referente á variante de Bellavista. Aseguran que isto demostra que o alcalde “goberna en base a titulares de prensa”.