O PP insiste no mal estado da ponte de Tabaques, en Bravío

As Tabaques, no Google Maps

O PP volveu denunciar o “precario estado” no que se atopa a ponte do lugar de  Tabaques, en Bravío. A pasarela, que salva o Mendo, ten, segundo a dereita, o alicerce esquerdo “está practicamente  desmoronado” e o dereito “presenta unha fenda de arriba a abaixo”.

A portavoz municipal do PP demanda ao goberno local que “sinalice convenientemente” esta situación de perigo e alerta do risco de cruzar a ponte con vehículos, ademais de realizar a reparación “canto antes”. O PP sinala que a ponte podería “colapsar” se pasa algún vehículo pesado.

E lembra que os veciños din que leva tres anos en mal estado e xa avisaron ao  Concello pero só puxo “cintas de plástico”.