O PP exixe a Barral que atenda aos intereses de todos e non use o Pasatempo como “arma política”

A voceira do PP con edís do PSOE nunha visita ao parque, antes do enfrontamento. Foto de arquivo

O PP demandou ao goberno local que non use o Pasatempo “como arma política”. Tras arremeter novamente Barral contra a Xunta exixíndolle a mesma aportación que a Deputación, os conservadores betanceiros reproban que a rexedora use o parque para atacar á Xunta.

Instan á alcaldesa a “sumar esforzos antepoñendo os intereses de todos os betanceiros aos seus propios” intereses electoralistas.