O PP denuncia o perigo e mal cheiro dunha arqueta sen tapa na rúa Manuel Roel

Ponte de madeira sobre o río Mendo, nas inmediacións da rúa Manuel Roel. Google Maps

O PP denuncia que na rúa Manuel Roel, na traseira da gasolineira das Cascas a carón practicamente do río Mendo, permanece aberta unha arqueta que contén augas fecais, provocando as queixas dos veciños.

Segundo sinala a portavoz do grupo municipal, Cecilia Vázquez, tan só hai un valo de obra de menos dun metro de altura para impedir o acceso, o que supón un risco xa que preto atópase un parque infantil, ademais dos malos cheiros. Os populares levarán este asunto ao próximo pleno, ben a través dun rogo ou ben a través dunha moción xunto con outros casos similares.