O pleno exixe ao goberno local regularizar a situación do profesodado do Conservatorio

O Conservatorio ocupa os restos do mosteiro de San Francisco

O pleno de Betanzos aprobou onte unha moción do BNG demandando ao goberno local “regularizar a situación do profesorado do conservatorio” municipal Carlos López García-Picos como persoal laboral fixo e a “contratar o persoal necesario para dar un servizo apropiado ao alumado”.

Os nacionalistas presentaron esta moción tras transcender que o conservatorio levaba máis de tres meses sen profesor de percusión. “Cremos que se trata dunha situación moi grave, trátase dun ensino reglado, oficial”, inciden desde o BNG na súa moción.

Os nacionalistas lamentan que o Concello ignorase ata agora as queixas polas “irregularidades na contratación do persoal ” e a súa esixencia dun proceso selectivo público para cubrir estes postos docentes. Inscriben esta situación na política laboral que desempeñou o PSOE nas máis de tres décadas no poder.