O pleno debatirá esta noite as carencias de persoal no ambulatorio e o conservatorio e os orzamentos do Estado

O pazo municipal

A Corporación local celebrará hoxe a súa sesión plenaria correspondente ao mes de xaneiro. Entre os asuntos da orde do día están duas mocións do BNG, sobre recortes no centro de sauúde do Carregal e outra sobre o problema de persoal do conservatorio municipal, dúas de BN sobre os orzamentos do Estado e medidas urxentes de mobilidade sostible, e unha do PP para corrixir as deficiencias nos colectores e instalar máis no Casco Histórico.

A sesión complétase coas actas do 31 de xullo e 6 de agosto, dar conta dos decretos da alcaldía e outros asuntos e os rogos e preguntas da oposición. O executivo local, fóra destes asuntos de rendir conta dos decretos, non presenta ningunha iniciativa.

A sesión pode seguirse na Sala Capitular desde as oito e media do serán. Non se prevé que se emita en directo pola radio municipal- unha práctica abandonada desde que Barral Varela asumiu o bastón de mando- e si poderase escoitar, en diferido, no web municipal nuns días.