O PEPOCH tardará en aprobarse, no mellor dos casos, ata 2024

Andrés Hermida, concelleiro de Urbanismo, e María Barral nunha comparecencia. Imaxe do Concello

Segundo as declaracións da alcaldesa, María Barral, aprobar o PEPOCH é “unha das accións prioritarias e ineludibles” para o seu goberno. Porén, o prego da licitación dá uns prazos que contradín de pleno as palabras da rexedora. As bases do concurso público prevén un prazo de 4 anos para contar do PEPOCH redactado.

Este umbral, contándoo desde o vindeiro mes de decembro, no que poderían estar rematados todos os trámites de licitación e asinado o contrato, sitúa a conclusión do documento en decembro de 2023. Isto é, contra o compromiso de campaña de María Barral e o PSOE, o PEPOCH non estaría aprobado nesta lexislatura. Nin sequera redactado, a xulgar polos pregos.

E aínda faltaría que a Corporación, previsiblemente a resultante dos comicios municipais de maio de 2023, aprobase inicialmente ese documento- caso de coincidir as súas prioridades no tocante á ordenación da zona monumental coas que ten o actual executivo socialista- e que a Xunta dese visto bo para abrir o trámite de información pública e alegacións antes de que a Corporación o aprobe finalmente. Iso se non cambia a maioría e outros criterios de rehabilitación, xestión patrimonial e urbanística diferentes aos do PSOE non se abren paso.