O Matadoiro acollerá o VI Encontro da Rede Galega de Sementes

Unha horta con tomates na comarca

Desde as dez e media da mañá do vindeiro sábado día 16, o Matadoiro da Ribeira acollerá unha nova edición, e van seis, do encontro da Rede Galega de Sementes, unha iniciativa que pretende poñer en valor as variedades autóctonas de verduras e hortalizas, garantizando a súa conservación e introducción nos circuítos de producción e consumo.

O programa do encontro, ademais do propio intercambio de sementes, inclúe música para cativos a cargo de Xabi Longueirón, conferencias e videofórum coa documental sobre o proxecto de megaminería de Touro e a súa afección ambiental. Un obradoiro de xogos tradicionais, mercado de produtos elaborados con variedades autóctonas e unha foliada completan a cita.