
A Aula de Cultura do Edificio Arquivo desde o seu escenario
Este martes 29 de decembro, dentro da programación de Nadal chega “Ven a conto” á Aula de Cultura do Edificio Arquivo, o contacontos de Nadal para público familiar por conta de Raquel Queizás. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade, que na actualidade son 45 butacas. Cada nena ou neno poderá vir acompañado dunha soa persoa adulta debido á limitación actual do espazo.
“Ven a conto”
Este Nadal caen as primeiras folerpas sobre a vila de Conto. As nenos e os nenos agardan a visista do Carboeiro. “Hai moito tempo os mellores agasallos os traía con el”- conta a señora Teresa, mentres almorza galletas sen présa. Traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…”
Raquel Queizás xoga a que o conto se chama esa vila na que mora, onde os paxaros libro lle contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver condlitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores. Anímavos a que veñades a contar e cóntavos.