O goberno local quere recuperar o martes de entroido como festivo local

O goberno local anunciou onte a súa intención de recuperar o martes de entroido como festivo local. O pasado ano cambiara esta festa tradicional polo día do acto institucional do 800 aniversario.

A proposta, que trasladará ao próximo pleno, inclúe tamén como festivo local o día 18 de agosto, día da primeira xira aos caneiros, que no 2020 será martes.

O Pleno no que se decidirán os festivos locais celebrarase o próximo 26 de outubro.