O goberno local publicita a sinatura do convenio con ACEBE

Antonia Anido é a presidenta de ACEBE

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, asinou esta semana un convenio coa presidenta de Acebe, Antonia Anido, para promocionar o comercio local segundo afirmou o goberno nun comunicado de prensa. En virtude deste acordo, o Concello proporcionará 14.000 euros á asociación de empresarios e comerciantes para colaborar coas súas actividades. A rexedora local aproveitou a firma do convenio para destacar “a necesidade de manter unha colaboración estreita entre a administración e os comerciantes, con accións e programas transversais”.

O Executivo municipal destaca que este acordo súmase aos subscritos coas entidades sociais e deportivas para o desenvolvemento das súas actividades, entre outros, colectivos como Apem, Cáritas, Cruz Vermella ou Aspace. Mentres as subvencións públicas para asociacións seguen sen convocarse despois de que o ano pasado non houbese convocatoria pública.