O Goberno local aproba en solitario RPT do Concello de Betanzos que deixa fora máis de 60 postos de persoal laboral

O Goberno local aprobou onte en solitario a nova Relación de Postos de Traballo do Concello de Betanzos. O PP votou en contra. O Executivo saíu ao paso das críticas da CIG e a oposición pola exclusión de 68 empregados temporais, reiterou que é obrigada por lei, e recalcou que todos serán incluídos unha vez sexan declarados indefinidos nos xulgados. O PP expresou a súa “preocupación” pola situación na que quedan estes empregados.

O concelleiro do BNG, Henrique do Río, non puido asistir por motivos persoais. O BNG xa manifestou a súa oposición a RPT que ven de aprobar o PSOE.