O goberno local destinará 261 000 euros a amañar un treito da pasarela do Pasatempo

O muro caído no estanque da gruta do Pasatempo. Varios expertos vinculan a súa caída co peso da pasarela

O goberno local proxectou a reparación da pasarela do Pasatempo por 261 000 euros. É unha das obras que o executivo socialista incluíu nos proxectos a presentar ao Plaan de Obras e Servizos (POS+) da Deputación para o vindeiro ano. O groso deste investimento, 230 000 euros, o equipo de goberno prevé que sexa financiado a través dun préstamo co ente provincial.

As restantes obras que o goberno local inclúe neste plan, que contará cunha achega provincial superior aos 742 000 euros, son a mellora das pistas polideportivas das Minas, O Sapeiro, O Xuncaliño e Guiliade, da urbanización e servizos da praza Paio Formoso e a Rúa da Mariña ata a de Manuel Naveira, nas rúas Alcalde Beccaría, Tomás Dapena e avenida de Castela, ademais de obras de adecuación e mantemento en edificios municipais, nos que inclúen o Alfonsetti, o Liceo e o lavadoiro das Cascas.

A proposta inclúe un plan complementario, que segundo o publicado no web da Deputación, poderá financiarse coas contías que sobren destas actuacións, en caso de existir. Entre elas, o goberno local volve incluír unha xa anunciada o pasado mes de febreiro: 36 788 euros para a compra dun sistema de control do tráfico no Casco Histórico mediante a lectura de matrículas, a fin de regularizar o tránsito e estacionamento nas prazas e rúas peonís no que o goberno local denomina “parking express”.

O paquete de obras deseñado polo goberno local foi aprobado na sesión plenaria do pasado 18 de decembro, grazas aos votos favorables de PSOE, PP, Betanzos en Común e Betanzos Novo. O BNG votou en contra, entre outros motivos a causa de destinar o investimento a obras de mantemento e á reparación da pasarela do Pasatempo e as cámaras do Casco Histórico. No debate, que podes escoitar aquí, outros grupos tomaron o argumento dos nacionalistas de que o groso eran actuacións de mantemento ordinario. Os nacionalistas chegaron a propoñer no pleno considerar a retirada da pasarela, o que lles valeu a descualificación do voceiro de BN, que tildou de “ocorrencia” a proposta.

Críticas polo gasto na pasarela

Segundo se celebrou a sesión plenaria, o BNG publicou un resumo no seu web publicando a relación completa de obras propostas polo goberno e as actuacións que os nacionalistas propuxeron nos últimos anos para este plan, que recolle, entre outras cousas, o reacondicionamento do baixo das gradas do auditorio do Pasatempo como un centro de interpretación do parque. “Lamentamos que o goberno local destine esta achega, de 750 000 euros en total, a obras de reparación e repintado de edificios municipais e rúas que se pode facer con fondos municipais se se abandonan gastos improductivos” resumiron desde a Travesía da Torre para a continuación cuestionar “que 230 000 euros deste plan sexan para unha primeira fase de amaño da pasarela do Pasatempo, cando son moitos os técnicos que aconsellan retirala para garantir a conservación do Estanque da Gruta e a Gruta da Recoleta”. O BNG daba conta así do seu voto en contra ás obras.

Imaxe dos membros da Plataforma co portavoz do PP, José Angel Rodríguez, e o Conselleiro

Esta mesma mañá a Asociación de Amigos do Pasatempo, na rede social facebook, cualificaba como “pésima noticia” o investimento na pasarela. “Nos hemos reunido en los últimos meses con miembros de TODAS las fuerzas políticas de Betanzos explicándole el peligro inmenso que supone la monstruosa pasarela de acceso al parque (su peso apoya en el muro y techo de la Gruta de ñla recoleta y está echándolos abajo)” explican desde a entidade. “También nos reunimos con políticos de la Xunta, Ayuntamiento y Diputación explicando, entre otros detalles, la urgencia de retirar la pasarela” detallan.

Advirten de que “con esculturas a punto de caerse, el templete del Estanque del Retiro y el muro de los azulejos en primer lugar, deciden de nuevo apostar por gastar dinero en los elementos modernos”. Denuncian que se sinten “ignorados” e que “parece que se ríen ante nuestros esfuerzos y consejos, desde ahora más fuerzas políticas y más nombres propios se unen al goteo de maltrato al Pasatiempo. Muchos ya han tenido la fotito con nosotros, pero caso no nos han hecho ninguno”.