O goberno local designa a Paula Brea como raíña das festas

A alcaldesa coroando a raíña das festas. Foto do Concello

O executivo local nomeou a Paula Brea Germade, que ven de rematar os seus estudos no IES Francisco Aguiar, como raíña das festas. Para o posto da raíña infantil o goberno Barral nomeou a Aitana Campos Cupeiro.

O PSOE opta, un ano máis, por manter este número do programa de festexos apelando á “tradición” e obviando mesmo o contido do plan de igualdade impulsado pola actual rexedora.

O pregón das festas darao a presidenta do Centro Betanzos, Beatriz Lagoa, que ocupa cargos directivos na entidade arxentina desde que tiña 17 anos e cuxa presidencia asumiu en 1996.