O goberno local denuncia que non hai prazas no albergue de peregrinos

O albergue está na confluencia das rúas da Pescadería e os Ferreiros

O goberno local volveu denunciar onte que o albergue de peregrinos tan só oferta 6 das súas 35 prazas a causa das deficiencias na súa conservación. O executivo local asegura que ten que ofrecer o pavillón do Carregal para atender aos grupos máis numerosos.

Anuncia que manterá aberta a oficina de Turismo e o Museo de As Mariñas durante un horario especial en Semana Santa. A oficina turística abrirá de dez da mañá a dúas da tarde os días festivos e o sábado e o domingo de once a dous. No caso do museo, a apertura será todos os días festivos de once a dous e de cinco a oito da tarde. O sábado e o domingo abrirá co mesmo horario que a oficina turística, de once a dous da tarde.