O goberno local dá licenza a Patrimonio para a rehabilitación de San Francisco

Recital de Leo Nucci no interior de San francisco. Imaxe do Concello

A Xunta de goberno local outorgou, o pasado 9 de xullo, licenza á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para iniciar as obras de restauración de San Francisco. Nesta intervención a Xunta destinará case 400 .000 euros, para resolver os danos producidos pola entrada de auga en varios puntos da cuberta e pola falta de ventilación dos pés dos muros.

Ademais, contémplase a restauración das vidreiras, o seu selado, a revisión do sistema de drenaxe e análise das pezas de madeira danadas do soporte da cuberta coa intención de establecer unhas pautas de actuación rigorosas sobre o resto do sistema de San Francisco, que poderá restaurarse con cargo “a unha subvención nominativa dirixida á Xunta” do Instituto do Patrimonio Cultural de España, e acometerase en virtude dun acordo entre a Consellería de Cultura e a Arquidiocese de Santiago.