O goberno local contrata 5 orquestras para o San Roque por 63400 euros

Verbena de Entroido no Campo o Domingo de Entroido

Por un prezo máximo de 63 400 euros o goberno local sacou a concurso a contratación da firma que ofrecerá, para as festas patronais de San Roque, cinco orquestras.

Concretamente, as produtoras deberán garantir a contratación das orquestras Panorama o 15 de agosto, Superfama o 16, Galilea para o 18, a París de Noia para o 20 e para o 25 a orquestra La Bomba.

Segundo o prego o Concello encargarase de subministro eléctrico e ofrecerá tamén as condicións de seguridade precisas para as actuacións. O prego non prevé circunstancias especiais para a actuación do día 16 de agosto, que deberá ser interrompida para o lanzamento do globo. Si prevé que a actuación do día 15 comece ás 23 h, as dos días dos Caneiros ás 23:30 e o resto ás 22:30. Todas, como de costume, na praza do Campo.

O executivo local gábase de actuar de modo r”exemplar” ou “pioneiro” ao sacar a concurso este tipo de contratacións, malia estar representadas as orquestras por unha única firma. Este concurso ten deparado situacións sorprendentes no pasado.

Outras actuacións musicais das festas

A elas sumaranse as actuacións de Luz Casal (24 de agosto), Milladoiro (23 de agosto) e Orquestra Sinfónica de Galicia (22 de agosto). Todos, tamén, na praza do Campo.