O goberno local chama a “reinaugurar” o Camiño Inglés

Un peregrino facendo o Camiño Inglés ao seu paso polo Coto

Nunha acción conxunta con todos os municipiso da provincia atravesados pola ruta inglesa a Compostela, o goberno local chama a secundar, o vindeiro sábado, 4 de xullo, ás 10 da mañá, o chamado da “Primavera no Camiño” da Deputación percorrendo o treito betanceiro da ruta.

Os interesados poden inscribirse nas oficinas de Turismo de Betanzos ou chamando ao teléfono 81 77 66 66. A medida súmase á reapertura dos albergues públicos o pasado día 1.