O goberno local asegura que Naturgy ten todas as autorizacións para obrar na Fábrica da Luz para conservala

Imaxe da fábrica. Cedida polo BNG

O goberno local asegurou que General de Edificios y Solares, a división inmobiliaria de Naturgy, xa dispón de todas as autorizacións necesarias para actuar na antiga Fábrica da Luz da Ponte Nova a fin de cumprir cos requerimentos encamiñados a garantir a conservación deste edificio industrial protexido.

O executivo local asegura que a intervención só depende da “vontade” da compañía, que durante anos resistiuse á catalogación e protección do inmoble proxectado por López Cortón e ampliado por González Villar para Industrias Núñez. Así, a empresa deberá actuar para “apontoar o inmoble e evitar que continúe a súa deterioración adoptaranse de maneira urxente”.

O pasado mes de novembro o BNG levaba novamente a Pleno a degradación da Fábrica da Luz para urxir ao goberno local que tome medidas para evitar a súa desaparición. “Até onde sabemos é un monumento protexido” ironizou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, para cuestionar que “non se ven por ningún lado as medidas que anunciara o PSOE en abril prometendo que evitaría a súa caída definitiva”.