O goberno local asegura que as obras na Eira Vella entran no treito final

Estado actual dos traballos. concello

A polémica e dilatada reforma da Eira Vella chega, segundo o goberno local, á súa fase final. O executivo local asegura nun comunicado que os traballos atópanse na súa última fase de execución. Abordouse a renovación da rede de abastecemento de auga substituíndoa por tubaxes de polietileno e executáronse as acometidas domiciliarias de auga potable, retirando a tubaxe antiga de fibrocemento.

Ademais executouse unha nova rede separativa: residuais e pluviais. Realizáronse as acometidas domiciliarias de saneamento á rede para evitar así as inundacións que se producían nesta praza como consecuencia desta antiga rede de saneamento.

As actuacións contemplan tamén a reposición de todas as beirarrúas existentes afectadas polas obras; o vial da calzada; diversas melloras da praza interior e as zonas que lindan coa río. Por último repoñeranse bancos, papeleiras, farois e árbores.

O goberno Barral elude a súa responsabilidade por contratar tirando os prezos

O comunicado do goberno local sitúa na responsabilidade de terceiros os retrasos da obra. Así, asegura que “primeiro polas autorizacións, xa que dependían de permisos sectoriais de diversas administracións e despois por problemas derivados coa anterior empresa adxudicataria que obrigou a sacar de novo a contratación o proxecto”.

A política do goberno local é contratar atendendo tan só á oferta máis baixa, o que ten ocasionado numerosos problemas como o da Eira Vella. Antes, a Cruz Verde estivo parada durante varios meses, ao punto de triplicar o prazo máximo de execución dos traballos e cunha sanción ridícula, e non foi o único exemplo. A pesar diso, o goberno local asegura que está obrigado polos pregos da Deputación a contratar só atendendo ao prezo, o que o propio ente provincial deixou en evidencia.