O goberno local asegura que a oficina de turismo recibiu 8500 consultas en agosto

A Oficina de Turismo está baixo a escalinata do Edificio Arquivo

O goberno local asegurou que máis de 8500 persoas pararon a recabar algún tipo de información turística na Oficina municipal de Turismo, ubicada baixo a escalinata do Edificio Arquivo. Desas 8500 consultas, o 79% eran persoas provintes do estado español, un o 12% foron estranxeiros; e só os 8% usuarios doutras provincias galegas, segundo os datos que baralla o executivo local.

Tamén durante o mes pasado, no que se celebraron as festas patronais, visitaron a Oficina de Turismo un total de 1.509 peregrinos, dos que o 42% foron estranxeiros.

O executivo local asegura que esta cifra de consultas na oficina de turismo supoñen un incremento do 20% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. A Oficina conta con máis persoal grazas a unha subvención específica da Deputación, que ten por obxectivo profesionalizar a xestión turística da provincia.