O goberno local anuncia os actos de peche do 800 aniversario

A alcaldesa e o presidente da Xunta

Novamente en campaña electoral, como acontecera o pasado mes de abril cos concertos do San Roque, o goberno local filtrou o cartel musical dos actos de peche do 800 aniversario. Será con música, co barítono Leo Nucci, que se despedirá do público peninsular co seu último recital en Betanzos.

A data, o mesmo 13 de febreiro en que comezaban os fastos, que conmemora a data do documento administrativo asinado por Afonso VIII autorizando un cambio que, demostrado está pola documentación histórica, xa se producira con anterioridade a 1219. Nucci despediuse xa da Scala de Milán e está despedíndose dos escenarios como intérprete.