O goberno local anuncia o cambio da herba artificial do Carregal

Un partido no Carregal. Imaxe do Betanzos C.F.

O Concello anunciou que cambiará o campo de herba artificial do Carregal “dentro dunha reforma integral das instalacións das que se beneficiarán os equipos de categoría inferior do Betanzos CF así como equipos de peñas e veteranos”.

Segundo o gabinete de prensa municipal “dado o uso excesivo destas instalacións o céspede tivo un gran desgaste, polo que se realizará a substitución do mesmo dentro dun programa de mellora de instalacións deportivas que incluíu pistas descubertas e o complexo do Carregal”.

O proxecto recolle a substitución do Campo de Fútbol de Céspede artificial, por un sistema de última xeración na súa composición como polímero de poliolefinas. Esta composición permite a utilización do Campo para a práctica tanto de Fútbol 11 como de Fútbol 8, realizando as marcas minimizadas en o terreo de xogo para ambos tipos de xogo e dotando as instalacións do equipamento deportivo necesario, atendendo por tanto ás esixencias dos diferentes equipos locais que o utilizan e demostrando a polivalencia da instalación que se proxecta obtendo un campo de Fútbol de herba de céspede artificial de última xeración, dotado de dous campos de Fútbol 8 transversais ao anterior.

As dimensións do campo de Fútbol 11 serán das mesmas dimensións existentes (104×62), sempre atendendo ás normas vixentes respecto aos deportes para practicar, dentro da superficie dispoñible.

Reutilizarase a capa de lastrado existente actualmente no campo, para a súa posterior reutilización en novo céspede artificial. Dentro das diversas opcións que existen como pavimentos sinteticos deportivos para Campos de Fútbol, optouse por unha de céspede artificial de última xeración. O custo do novo campo será de 149.803 euros.