O goberno local adxudica a redacción dun novo PEPOCH

O goberno local do PP foi o responsable de cubrir estas fachadas coa escuma de poliuretano laranxa

O goberno local de Betanzos anunciou a adxudicación da redacción do Plan Especial de Protección do Casco Histórico (PEPOCH). Segundo recolle o perfil do contratante, a mesa de contratación propuxo adxudicar os traballos a Estudo Thuban por un importe de 97 933 euros. Os traballos saíron a licitación por 123 967 euros.