O goberno asume de forma subsidiaria a retirada da casa caída na Cruz Verde

O edificio desplomado

O edificio desplomado

Os servizos municipais reabriron na mañá de onte ao tránsito a rúa da Cruz Verde logo de que o Concello realizase os traballos de retirada dos restos da casa en ruínas que se derrubou o pasado día 21. O Executivo realizou a obra de forma subsidiaria despois de que o propietario do inmoble ignorase o prazo de 24 horas que lle outorgou o Concello para retirar os entullos. Betanzos agora pasaralle a factura do traballo ao propietario.