O goberno anuncia que en breve contratará as obras do colexio

O CEIP Vales Villamarín

O goberno local anunciou que sacará en breve a contratación a construción do patio cuberto do aulario de infantil do colexio Vales Villamarín unha vez obtidas as autorizacións de Educación, Augas de Galicia e Patrimonio. Para facer fronte a esta obra, o Concello reservou 170.000 euros con cargo ao programa de investimentos financiado co remanente de tesourería.

Tendo en conta as características da obra e o seu emprazamento, os traballos só poderían executarse nun período vacacional, por iso é polo que os traballos «realizaranse unha vez finalice o actual curso escolar. Non hai tempo material de abordalos noutro momento debido á duración das obras».

O proxecto recolle a ampliación do edificio cunha zona cuberta de máis do dobre que a actual, que funcione como soportal e patio cuberto para os alumnos ata alcanzar os 370 metros cadrados. Realízase contiguo ao edificio existente, fronte á fachada do comedor. A maiores instalaranse cinco xogos infantís