O feminismo chama a rexeitar un novo feminicidio este serán ás 8 no Cantón

Momento dunha concentración. Imaxe da Marcha Mundial das Mulleres

Novo asasinato por violencia machista en Lugo o pasado sábado. O Colectivo Feminista das Mariñas, integrado na Marcha Mundial das Mulleres, chama a rexeitar esta nova vítima da violencia de xénero concentrándose no Cantón, hoxe ás 20 h. É unha máis das varias ducias de concentracións que sacudirán o país para rexeitar un novo feminicidio.

Onte, dentro da programación que o Colectivo Feminista desenvolve, proxectáronse ‘Bata por fóra’ e ‘Faladas de muller’, no Ciclo de Cinema Feminista de Betanzos, na Pescadería.