O Estado afirma que non pode “precisar” cando mellorará o cuartel de Betanzos

Cuartel da Garda Civil en Betanzos. Google Maps

O PP preguntou ao Goberno central para coñecer cando tiña previsto mellorar as instalacións do cuartel da Garda Civil en Betanzos. Na pregunta por escrito pediron información sobre cando tiña “planificado” o Goberno estatal reparar o muro perimetral e efectuar tamén a impermeabilización dos sotos da Comandancia, debido ao mal estado do edificio pola súa antigüidade. A resposta escrita do Executivo central foi que “na actualidade non se pode precisar cando levarán a cabo as obras de mellora interesadas”.

O cuartel de Betanzos fora amañado co Plan E, durante o anterior goberno do PSOE no estado. Arredor dun millón de euros foran investidos en amañar as súas dependencias e prestacións.