O día 3 abre o prazo de preinscripción para os campamentos de verán

Servizos Sociais está nas Escolas do Asilo

O Concello abrirá o prazo de preinscripción dos campamentos de verán o vindeiro día 3 de xuño, ata o 12. As persoas interesadas deberán ir a Servizos Sociais, nas Escolas do Asilo, a solicitar a inscripción. O prazo será único para calquera das quendas solicitadas.

Os campamentos desenvolveranse nas dependencias do CEIP Vales Villamarín e están destinados a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. O custo é de 50 euros.

Entre as actividades incluídas figuran “Natureza, arte, cociña, praia, xogos, aquapark Cerceda, Camiño de Santiago, obradoiros, sendeirismo, xincanas, paseo en barco e moito máis”.

Hai tres quendas, do 24 de xuño ao 12 de xullo, do 15 ao 26 de xullo e do 29 de xullo ao 9 de agosto.