O día 12 pecha a inscrición nos campamentos de verán municipais

Servizos Sociais está nas Escolas do Asilo

O vindeiro 12 de xuño pechará o prazo de inscrición para apuntarse aos campamentos de verán para nenos de 3 a 12 anos. A primeira quenda será do 24 de xuño ao 12 de xullo.

A preinscrición farase en Servizos Sociais, cuxas dependencias ocupan parcialmente o edificio das Escolas do Asilo. A cota é de 50 euros por participante.

As actividades realizaranse no Vales Villamarín, se ben contemplan tamén saídas en lancha polo Mandeo ou excursións.