O contacontos teatral “O coelliño branco” de Trinketrinke, o 17 de outubro nos Sábados Miúdos

Teatro de títeres

“O coelliño branco”, o contacontos teatral de Trinketrinke para nenos e nenas de 3 a 8 anos chega a Betanzos o sábado 17 de outubro ás 12:00 h no Salón azul do Edificio Arquivo dentro do Programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos.

O espectáculo ten 10 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dunha persoa adulta. O prazo de inscrición para o estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde o 13 de outubro ás 09:00 h ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no correo electrónico ou no teléfono facilitado no momento da inscrición.

O programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos comprenderá neste ano 2020 nove espectáculos para os máis pequenos e pequenas que ateigarán os sábados de contos, cantigas e lingua para desfrutar en familia. A próxima sesión será o vindeiro sábado 31 de outubro, para celebrar o magosto co contacontos “O magosto con Nano” de Raquel Queizás que terá lugar no Salón Azul ás 12:00 h.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do Edificio Arquivo, no teléfono 981 770 100 (ext. 2108) ou no enderezo electrónico normalizacionARROBAbetanzos.net.

“O coelliño branco”

“O coelliño branco”, o contacontos teatral de Trinketrinke para nenos e nenas de 3 a 8 está baseado no conto popular portugués. A ratiña Lily Gruyère veu desde Lonxedetodo co seu amigo o coelliño branco, un monicreeque cheo de tenrura que protagoniza toda a función. Cancións, números de maxia e conto dramatizado coa colaboración dos/as nenos/as e adultos asistentes.