O Conservatorio celebrará o seu fin de curso o 12 no Alfonsetti

O Conservatorio ocupa os restos do mosteiro de San Francisco

As semanas comprendidas entre o luns día 3 e o mércores día 12 de xuño estarán adicadas, no Conservatorio municipal Carlos López García-Picos, a os ensaios previos a o Concerto de Fin de Curso, que terá lugar o Mércores día 12 de Xuño no Cine Alfonseti ás 19:30 h. da tarde.

Os días previos a o concerto, haberá ensaios xerais no Cine Alfonseti. Os horarios destes ensaios seranlles comunicados a os alumnos polos seus respectivos profesores.

Clases de apoio para probas de acceso ao grao profesional

Do mesmo xeito, os días comprendidos entre o luns día 3 e o venres día 7 de xuño terán tamén cabida para que os profesores do Conservatorio impartan unas clases extras de apoio para todos aqueles alumnos que se vaian a presentar ás probas de acceso a o grao profesional en calquera outro conservatorio.

Probas de Acceso a 1º curso do Grao Elemental

Todos aqueles nenos e nenas que desexen comenzar os seus estudos musicais de carácter oficial no Conservatorio Municipal “Carlos López García-Picos” de Betanzos,deberán presentarse a una proba de acceso a o 1º curso do grao elemental. Dita proba terá lugar no Conservatorio Municipal o luns día 17 de Xuño ás 19 .00 h. da tarde. Para presentarse á proba,os aspirantes deberán cubrir un impreso de solicitude que se lles facilitará na conserxería do centro ou ben nas oficinas do concello na Praza de Galicia – pranta baixa. (Liceo). As solicitudes cubertas serán entregadas en ditas oficinas,non no Conservatorio.

O prazo de entrega das solicitudes vai dende o luns día 27 de Maio ata o venres día 14 de Xuño.

Matrícula Curso 2019-2020

Para todos os alumnos do Conservatorio que non teñan asignaturas pendentes para a convocatoria de Setembro e aqueles que foran aceptados na proba de acceso a 1º curso, a matrícula para o vindeiro curso 2019-2020 formalizarase nas oficinas do concello anteriormente citadas no prazo comprendido entre o luns día 24 de Xuño e o Venres 12 de Xullo,ambos os dous de 2019.

Convocatoria de Setembro.

Os exames correspondentes á convocatoria de setembro terán lugar na semá do luns día 2 a o venres día 6. Para estos alumnos a matrícula formalizarase entre o luns día 9 e o venres día 20 do mesmo mes.

Linguaxe Musical,proba de Setembro : (todos os cursos)

Luns día 2 de Setembro ás 17:00 H.

Conservatorio Municipal de Música “Carlos López García-Picos” Teléfono : 981773696 – Fax : 981775343 Correo Electrónico : conservatorio@betanzos.net