O Concello retransmitirá en streamming o concerto desta noite, que pecha o 800 aniversario

Cabeceira da igrexa de San Francisco

O concerto do barítono italiano Leo Nucci, que onte foi obxecto dunha recepción oficial no Concello por parte do goberno local, poñerá esta noite o ramo ás celebracións do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre.

O reducido aforo do templo fransciscano obrigou ao goberno local a buscar alternativas para toda a veciñanza que, como acontecera co concerto de Carlos Núñez que abriu o evento, fica excluída do mesmo.

Así, abrirase a Aula de Cultura para poder seguir o recital na pantalla grande. Mais quen non poida acudir ou opte por ficar na casa, poderá seguir o evento en streamming premendo neste enlace: