O Concello programa dous roteiros sendeiristas por espazos naturais

Un camiñanate ao pé da ETAP do Coto

O Concello de Betanzos programa para este outono, sempre e cando as circunstancias derivadas da evolución da pandemia da Covid-19 permitan a realización da actividade, uns roteiros interpretativos guiados, para descubrir e coñecer singularidades do medio natural, a flora, as historias, curiosidades e anécdotas dos lugares e das paisaxes galegas, para desfrutar da actividade física ao aire libre e en contacto coa natureza.

Unha será a Ruta “Cabo Prior, defendendo a costa”, no Concello de Ferrol, os domingos 8 e 29 de novembro, 13 km aproximadamente e dificultade media-baixa, e a outra a denominada “O Forgoselo, entre brañas e cabalos”, no Concello de A Capela, os domingos 22 de novembro e 6 de decembro, 14 km aproximadamente e dificultade media-baixa.

A saída será ás 09:00 h en autobús desde o Cantón Claudino Pita, traslado ata o destino, realización da ruta interpretativa e guiada, e regreso a Betanzos sobre as 16:00 h – 17:00 h. Hai que levar o xantar (bocadillo, bebida, froita) nunha mochila pequena e roupa e calzado axeitado, sobre todo se dan choiva.

Cada unha das rutas ten 25 prazas por orde de inscrición e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Betanzos. Os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable.

Mais información no Departamento de Deportes, teléfono 981 770 011 (extensión 2105).