O Concello non aclara se se persoará na causa contra Tafiber

Un momento dunha concentración ante a planta de Tafiber- agora Betanzos HB

Un momento dunha concentración ante a planta de Tafiber- agora Betanzos HB

Segundo informa hoxe un medio de comunicación de gran tirada na área metropolitana da Coruña o concelleiro socialista Diego Fernández respondía “aínda non o valoramos”, sobre a posible personación do Concello de Betanzos na causa contra a fábrica de taboleiros, Tafiber, á que denunciou Fiscalía por un posible delito medio ambiental.

O BNG levará ao pleno unha moción para instar ao Concello ao acudirse na causa, tras transcender que antigos traballadores desta fábrica de Infesta denunciaran vertidos e queimas ilícitas de residuos químicos. “Consideramos que o proceso xudicial aberto por delito ambiental é o suficientemente preocupantes para a saúde pública e para o benestar da nosa cidadanía para que o Concello acúdase na causa”, argumentó Henrique do Río.

O Xulgado de Instrución número 2 de Betanzos investiga os feitos e citou a declarar a varias testemuñas. Non trascendeu declaración ningunha da empresa para aclarar os feitos.