O Concello instalará paneis informativos para conmemorar oficios feminizados de hai un século

Os mandís feministas no Lavadoiro das Cascas

O goberno local anunciou que instalará placas para recoñecer o desempeño das mulleres que, no século pasado, ocupaban pesados oficios en Betanzos. Lavandeiras, panadeiras e augadoras serán recoñecidas con estas placas que o executivo local instalará conmemorando o Día Internacional da Muller.

Trátase de oficios feminizados e mal retribuídos cos que moitas mulleres aportaban un extra de ingresos aos seus fogares. Pesados, como cargar cunha sella sobre a cabeza a auga para as casas das persoas con maior poder adquisitivo, ou como lavar nas frías augas do Mendo roupa allea por encargo.

Así, o recoñecemento ás lavandeiras colocarase no entorno do lavadoiro das Cascas e o das augadoras na fonte de Santa María.