O Concello instala unha rampla para dar accesibilidade ao CEIP Vales Villamarín

O CEIP Vales Villamarín

O goberno local deu por rematados os traballos de mellora de acceso ao colexio Vales Villamarín coa instalación dunha rampla peonil metálica no acceso ao edificio principal. O executivo municipal sitúa esta actuación “dentro dun paquete de actuacións que incluíron outros arranxos no centro escolar na zona de xogos infantís; a reparación de filtracións e a adecuación de espazos comúns.”

Os traballos tamén contemplaron actuacións no aulario de infantil, onde o retorno das vacacións de Nadal sorprendeu a escolares e docentes coas obras de amaño do propio patio do recinto, onde se acumulaba a auga.