O Concello equipa con material de seguridade aos clubs deportivos para que poidan desenvolver as súas actividades

Efectivos de Protección Civil nunha proba deportiva. Imaxe do facebook de Protección Civil

O Concello reforzou ás entidades deportivas con equipamentos para facer fronte á pandemia e que as actividades puidesen desenvolverse mantendo as medidas de seguridade de seguridade. Desde o Concello adaptáronse unha serie de instalacións deportivas para facilitar as actividades ademais de entregar aos clubs diverso material como máscaras, hidroxel, pantallas protectoras, virucidas, papel desbotable…

O Concello trasladou aos clubs a súa disposición para seguir colaborando e a manter un diálogo constante en dada a “situación que estamos a vivir e tentar así cubrir as necesidades que vaian xurdindo que, en moitos casos, non son previsibles, e aparecen dun día para hoxe, por iso é polo que o contacto entre a área de deportes e as entidades reforzouse aínda máis para poder atender calquera situación que poida aparecer”.

Entre os clubs aos que se entregou material figuran o Santo Domingo Troula, Betanzos CF, Club Hans Horang-i, club Kwon, Club Ría de Betanzos, As Vellas Non Paramos Multideporte, Caimanes Betanzos, club Ciclista Betanzos e Club O Pasatempo.