O Concello devolverá parte das taxas do Conservatorio, a escola infantil e a escola de folclore

Unha vista do conservatorio municipal Carlos López García-Picos, no antigo mosteiro de San Francisco

O Goberno local de Betanzos anuncia que devolverá parte das taxas correspondentes ao Conservatorio Municipal de Música, da escola de folclore e ao centro infantil municipal diante a afectación do coronavirus. Trátase de taxas que se pagan anualmente, polo que o Concello devolverá a parte que corresponda ao servizo non prestado.

O Goberno local asegura que “é unha primeira medida doutras accións que se van a levar a cabo por parte do Concello como consecuencia da crise sanitaria”.