O Concello de Betanzos leva stand propio a Turexpo

Barral presentando a Semana Santa betanceira en FITUR

O Concello de Betanzos estivo presente na sétima edición da Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, en Silleda coincidindo coa celebración do salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, que tivo lugar desde o día 6, até o día 9 en Silleda.

O ano pasado máis de 100 000 persoas visitaron a feira na que Betanzos promoveu a Feira Medieval, as festas de agosto e a Semana Santa, todas elas declaradas de interese turístico.

A caseta de Betanzos contou con numerosas imaxes da cidade, fotografías das festas, Caneiros así como o 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao centro histórico.

O concelleiro de Turismo, Pablo Beade, xunto a técnicos municipais mantiveron durante uns días diversas reunións con tourperadores internacionais de orixe irlandesa, brasileira, italiana, rusa e americana, ademais de españolas, para que inclúen na súa programación de viaxes a Betanzos como destino.

O certame estivo apoiado pola Axencia de Turismo de Galicia e reuniu un importante número de operadores de turismo nacionais e internacionais. En Silleda tamén houbo representación da música betanceira coa participación da Escola Municipal de Folclore.

Semana Santa e 800 aniversario, a promoción en FITUR

Turexpo é a segunda feira de turismo na que Betanzos está presente cunha caseta propia, despois de fose o único concello galego que considerou necesario ter stand propio na feira internacional de Turismo de Madrid (Fitur). A oferta que o executivo socialista levou á cita madrileña era a programación do 800 aniversario e a Semana Santa.