O concello de Betanzos inaugurou onte o seu stand en Fitur

Concelleiros de Betanzos co secretario xeral do PSOE no stand do concello en Fitur (foto das redes sociais)

Desde as primeiras incursións do municipio na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid pasaron máis de 2o anos, daquelas para promocionar a Feira Franca Medieval, daquelas a estrela da programación do concello antes de se convertir nunha Feira Medieval máis das moitas que se celebran nas vilas do País, neste 2019 o será o oitavo centenario.

No 2012, o municipio deixou de acudir a Fitur con expositor propio segundo o goberno local do PSOE para reducir gastos debido á crise económica, pero oito anos despois, coincidindo co oitavo centenario, os responsables municipais tamén do PSOE consideran que é momento de volver a Fitur. Con Turgalicia, pero tamén coa súa caseta.

Esta vez, o municipio vai a Madrid un acontecemento: o 800 Aniversario de Betanzos. Ou, en concreto, a autorización de Alfonso IX para cambiar o seu emprazamento, de San Martiño de Tiobre ao Castro de Untia o 13 de febreiro de 2019.