O Concello de Betanzos comeza a desinfección de rúas no centro urbano

Concello de Betanzos. Imaxe de arquivo

O Concello de Betanzos está a levar a cabo unha campaña de limpeza viaria e de desinfección nas rúas do centro urbano, en parques, prazas e en mobiliario público.

Os servizos municipais de Protección Civil, dotados de equipos especiais, comezaron onte luns a limpeza polo mobiliario público como marquesiñas e bancos, que continuará en parques e prazas para continuar nas distintas rúas da cidade.