O Concello de Betanzos anunciou que amañará as rúas Concepción Arenal e Pintor Seijo Rubio

Centro de saúde de Betanzos

O goberno local anunciou que amañará as rúas Concepción Arenal e Pintor Seijo Rubio. As dúas actuacións incluiranse no plan de obras da Deputación da Coruña do pasado ano 2019, o Plan
Único POS+, cun investimento de case 350 000 euros.

Na rúa Concepción Arenal reordenarase a vía e mellorarase o pavimento e en Pintor Seijo Rubio renovaranse os servizos e o asfaltado. O Concello tamén anunciou iniciou os traballos de mellora do firme situado diante do centro de saúde, con tramos levantados polas raíces das árbores nas beirarrúas.