O Concello celebrará eleccións sindicais o 2 de xuño

O Salón Azul está no primeiro andar da á esquerda do Edificio Arquivo ou Liceo

As oficinas municipais están no Edificio Arquivo ou Liceo

As eleccións non acabarán o 24 de maio no Concello de Betanzos. O persoal municipal, tanto laboral como funcionario, está chamado ás urnas o vindeiro 2 de xuño para celebrar as eleccions sindicais que renovarán a xunta de persoal e comite de empresa. Aos comicios chégase con novos convenios colectivos impulsados por CIG e CSIF- para laborais e funcionarios respectivamente- e que non avalaron CCOO e UGT.