O concello anuncia unha nova reunión coa Xunta sobre o Pasatempo para decembro

Imaxe do Pasatempo. A. Amigos do Pasatempo

O próximo decembro haberá unha nova reunión de traballo entre o Goberno local e técnicos de Patrimonio da Xunta máis os arquitectos que redactaron o anteproxecto, segundo informaron, para avanzar na recuperación do Pasatempo, en trámite de ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Os técnicos, ao abordar as obras de mellora do estanque e das covas despois, aproveitarán para analizar os materiais e aspectos construtivos, datos fundamentais para executar a rehabilitación integral do Pasatempo.

Se se obteñen estes datos nestas obras, xa non será necesario realizar un novo estudo, o que axilizará a rehabilitación do parque, segundo indicou o goberno local do PSOE, despois de anunciar a pasada semana a contratación dun novo informe.

Mentres o Pasatempo leva meses pechado, sen que se intervira para consolidalo despois do último derrubo do estanque o pasado mes de outubro e segue o seu deterioro.