O Concello amplía a oferta de campamentos estivais cun deportivo

Unha imaxe dun campamento infantil

O Concello ampliará a súa oferta de campamentos de verán cun programa de actividades deportivas dirixido a mozas de 12 a 17 anos de idade. Un programa desenvolvido pola concellería de Deportes que completa a oferta de campamentos presentada polo departamento de Servizos Sociais baixo o nome “Betanzos Concilia”, cuxo prazo de inscrición está aberto nestes momentos.

A través da actividade, os mozos poderán practicar máis de 40 especialidades deportivas alternativas, que poderán realizarse nas pistas polideportivas cubertas do Carregal e a súa contorna.

Trátase de deportes como o tiro con arco, slackline, orienteering, archery attack, snorkel, team building, kaiak de mar ou pádel surf, entre outras, ademais doutros máis tradicionais como o bádminto, baloncesto, hóckey herba ou o voleibol. Tamén haberá talleres variados, grandes xogos, ou yincanas de auga.

As actividades desenvolveranse de luns a venres, en horario de nove e media da mañá a unha e media da tarde. Haberá dúas quendas, o primeiro do 6 ao 17 de xullo e o segundo do 20 ao 31 do mesmo mes. O Concello abrirá en breve, a través da súa web municipal, o prazo de inscrición. O campamento será gratuíto.