O Colectivo Feminista chama a concentrarse contra a violencia machista

Unha concentración do Colectivo tras un feminicidio

O Colectivo Feminista das Mariñas chama a concentrarse hoxe, ás oito do serán, no Cantón Grande, en demanda de medidas contra a violencia machista. A entidade, que ven de celebrar o seu primeiro ano de andaina, inclúe esta convocatoria dentro das que o movemento feminista galego cita para hoxe, Día contra a violencia machista.

Os actos do colectivo comezaron a pasada semana cun coloquio que contou coa técnica de igualdade do Concello de Betanzos e a avogada do CIM de Coirós.