O bus para doar sangue estará o 11 en Guísamo e os 14 e 15 parará na praza do Campo de Betanzos

Praza do Campo

O día 11 de xaneiro, de 16 a 21 horas, unha unidade móbil da ADOS recalará en Guísamo para recoller doazóns de sangue. Os días 14 e 15 de xaneiro desprazarase á praza Irmáns García Naveira. ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

As persoas que acudan a doar sangue teñen que pedir CITA PREVIA no teléfono gratuito 900100828.

No desprazamento dos doantes de sangue ás unidades móbiles ou locais de doazón, poden amosar o SMS de confirmación de cita ou a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.