O BTT Caimanes organizaun campamento deportivo infantil

Unha edición da Mini BTT. Foto de dospuntocerosportteam

O clube ciclista BTT Caimanes organiza un campamento deportivo dirixido ao público infantil. O obxectivo principal do campamento é fomentar o uso da bicicleta e todo o relacionado con ela, a complementarse con actividades, xogos e deportes diferentes ás dúas rodas.

O campamento celebrarase en dúas quendas, unha do 6 ao 17 de xullo e outra do 20 ao 31 de xullo., en horario será de 9.30 a 13.30, podendo deixar os nenos desde as 9.00 e recollelos ata as 14.00. O campamento realizarase nas instalacións que o clube ten no parque do Pasatempo e nas inmediacións do parque.

Os nenos terán que levar bicicleta e casco, merenda e auga, debido a que non poderán compartir ningún material cos compañeiros. É obrigatorio que cada neno porte a súa máscara, que terán que utilizar cando estean xuntos e non se poida manter a distancia social, aínda que o traballo será en grupos reducidos e espazos abertos para evitar estas situacións. O clube dispoñerá botes con hidroxel suficientes para poder hixienizar as mans dos nenos e nenas.

O prezo para os socios será de 100 €/quincena e neno. O campamento estará aberto a nenos que non estean no club, para eles o prezo será de 120€/quincena. Poderanse apuntar ao campamento nenos e nenas nacidos entre 2006 e 2014, cubrindo o formulario do web.